Protección e conservación do depósito elevado de auga do complexo Alfageme de Bouzas.

O proxecto divulgativo do Patrimonio Industrial da ría de Vigo, "Vigo Industrial" presentou unha "suxestión" no trámite de "Avaliación Ambiental Estratéxica" do "Plan Especial de Reforma Interior Beiramar-Alfageme" coa petición principal de que o depósito elevado de auga do complexo industrial-residencial-portuario Alfageme de Bouzas sexa protexido, conservado e reutilizado.

P9100166.JPG

Actualmente (a pesar do seu gran interese histórico, cultural, técnico e paisaxístico) este depósito de auga non ten ningún tipo de protección específica como ben cultural, aínda que si o teñen outros elementos da "Fábrica de conservas Alfageme" (Edificio principal, vivenda dos donos...).

No PXOM de Vigo determinase, que antes de desenvclver o "PERI Beiramar-Alfageme" debíase realizar un "estudo específico" co obxecto de definir se dentro deste ámbito hai outros elementos que merezan protección patrimonial.

O "estudo específico" presentado polos promotores inmobiliarios, ademais de moi deficiente técnicamente, é interesado, e simplemente conclúe que o depósito elevado é un "elemento (que) non reviste interese dende o punto de vista histórico ou arquitectónico”, e polo tanto non é protexido e tampouco é tratado como unha peza a conservar e reutilizar.

Coa túa sinatura apoias directamente esta solicitude de protección e conservación deste depósito (ler suxestión completa) perante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para este trámite en concreto (A.A.E.), pero tamén reforzas os próximas solicitudes que Vigo Industrial vai presentar co mesmo propósito perante as administracións competentes en materia de patrimonio cultural: o Concello de Vigo e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia.

museo_conserva_VISTA_AÉREA_DE_LA_FÁBRICA_1970_bn_remarcado_desde_el_mar.jpg


Uxío Reinoso (Vigo Industrial)    Contactar con el autor de la petición

Firmar esta petición

Al firmar, acepto que Uxío Reinoso (Vigo Industrial) podrá ver toda la información que proporciono en este formulario.

No mostraremos la dirección de correo electrónico públicamente en línea.

No mostraremos la dirección de correo electrónico públicamente en línea.

Autorizo a Uxío Reinoso (Vigo Industrial) a entregar la información que proporciono en este formulario a las siguientes partes:




Publicidad de pago

Peticiones.mx publicitará esta petición a 3000 personas.

Más información...